xornadas


Septiembre 2011

As Xornadas Galegas de Patoloxía Dual convértense nun dos Proxectos Eixo da nosa Asociación, dado que espazos destas características son esenciais para unha dinamización estratéxica para a construción da necesaria visión compartida profesional, así como para a promoción dunha concienciación por parte da sociedade en xeral, e das administracións en particular.
Dalgunha maneira esta experiencia pasou a ser un lugar promotor da converxencia e un espazo de comunicación da Asociación.

É un proxecto que vindo de lonxe na mente do Equipo Técnico concretouse xa en varias edicións e formas (Encontros Profesionais 2009; Grupo de Formación Continuado Multidisciplinar; Relatorios Específicos; etc.). 

O Equipo ven traballado de forma continuada nel desde decembro de 2007. Pero, dado que implica unha gran sobrecarga e, que absolutamente toda a parte técnica de xestión (deseño, contactos, desenvolvemento, avaliación, financiamento, difusión, xeración de documentos, etc.), realízase de forma gratuíta pola súa banda, este ano será necesario facer unha parada 1.- para descansar e reunir forzas, 2.- para revisar o percorrido deste proxecto e facer as necesarias reformulacións que calquera acción rexida polos principios da mellora continua.






NOTICIAS
ESPAZOS DE FORMACIÓN

La Region  -  La Voz de Galicia 
Un centenar de expertos participan nun ciclo sobre Patología Dual en Ourense






Cando nunha persoa se dan diferentes dificultades psicolóxicas se complexiza o curso das enfermedades convergentes, así coma os Procesos de Tratamento. Cadabullo, como entidad proveedora de formación (Sistema de Acreditación da Xunta de Galicia), e o seu Equipo Técnico SINERXXIA, veñen desenvolvendo diversas actividades de Especialización en colaboración coa Universidade de Vigo (Facultade de CC da Educación), o Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade). En 2008 celebrouse a primera edición das Xornadas Galegas de Patoloxía Dual co título: Converxencias na Abordaje da Patología Psíquica Asociada: Propostas Multidisciplinares;
en 2010 abordouse o tema da Prevención do Abandono do Tratamento da Complejidad: Estratexias Eficaces; en 2009 iniciouse outro espazo específico de formación denominado Encontros Profesionáis de Patoloxía DualA Experiencia a Debate.



noticias sobre as XORNADAS


IMAXES

Desde Murcia. Ver Asociación Murciana de Rehabilitación Psicosocial

Mesa de Apertura dás I Xornadas Galegas de Patoloxía Dual 2008

Presentación dás I Xornadas Galegas de Patoloxía Dual 2008




ENTIDADES COLABORADORAS