FSE Galicia 2014-2020 "Inviste no teu futuro"


 FSE Galicia 2014-2020 "Inviste no teu futuro"


Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, convocatoria para os anos 2020-2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) no Programa de Inclusión Sociolaboral para persoas con Patoloxía Dual en Risco de Exclusión 

O obxetivo desta acción consiste en mellorar os recursos e capacidades persoais dos usuarios/as que contribuan a manter un estilo de vida saudable e integrado na comunidade facilitando a inclusión sociolaboral.
E preciso favorecer nos destinatarios unha forma de vida normalizada e integrada, promovendo a participación nos diversos recursos sociocomunitarios e apoiando e motivando a inclusión formativo laboral
Nesta acción participaron 15 usuarios/as e mantiveron un itinerario de inclusión durante todo o proceso, levando a cabo unha labor de motivación e capacitación constante debido a que os procesos de rehabilitación biopsicosocial das persoas con patoloxía dual son de longo percorrido.