actividades



Soporte e Acompañamento
  • En moi diferentes momentos do día a día a persoa sofre crises importantes derivadas de moitos factores é por iso que habemos de desenvolver diferentes accións que permitan cooperar á estabilización. Nesta liña desenvólvense actividades específicas como  integración en programas específicos de atención (derivacións a UCA, CT Específicas), acompañamento en situacións de crises (061, Urxencias), etc.
  • Atención e Apoio Telefónico Continuado.

Asesoramento
  • O Equipo de Intervención Social exerce unha función esencial co desenvolvemento de accións de información-asesoramento en diferentes campos. Así xestión de procesos de obtención de grao de minusvalía, deseño de plans de formación específica e outras.

Espacios de Encontro
  • O Equipo de Intervención Social exerce unha función esencial co desenvolvemento de accións de información-asesoramento en diferentes campos. Así xestión de procesos de obtención de grao de minusvalía, deseño de plans de formación específica e outras.


Talleres
  • Celebrados: Cerámica, Desenvolvemento Persoal.
  • Actuais: taller de abelorios, con material de fimo e pedras.






Grupo Terapéutico de Xénero
  • Iniciamos un Grupo Terapéutico para mulleres que sirva de espazo de encontro e aprendizaxe, á vez que de apoio e comunicación abordando temáticas especificas de xénero.
Grupo de Relaxación e mellora da Autoestima
  • Creamos un espazo que favoreza a aprendizaxe de hábitos para mellorar a autoestima mediante exercicios de toma de conciencia e relaxación.

Grupos de Apoio Familiar
  • En varias etapas configuramos un Espazo de Encontro para as Familias, en forma de Grupo Terapéutico de Apoio.

Excursións e Actividades Culturais
Fomos a: Manzaneda, Portugal, Illas Cíes, Ribeira Sacra e realizado outras Visitas Culturais. 
Actividades Deportivas  futbol sala  resultados 
  • Xa imos pola V Tempada.

Espazos de Formación
Espazos Abertos de Formación

  • Aprendendo sobre a Psicopatología 2010.
Espazos de Formación Profesional
  • Xornadas Galegas de Patoloxía Dual (2008, 2010)
  • Encontros Profesionais sobre Patoloxía Dual (2009)
  • Escola de Outono do Colexio de Educadores Sociais de Galicia: Atención a persoas con problemas relacionados co consumo de drogas/saúde mental (Carlos González, Educador Social) programaescola.pdf
  • Os estudantes universitarios en prácticas participan das nosas actividades ao obxecto de coñecer o funcionamento da Asociación.

Grupo Investigación
  • Análise de Necesidades e Recursos.
  • Estudos específicos por parte dos Alumnos en Prácticas da Universidade de Vigo, tanto da Facultade de Educación Social, Psicopedagoxía, e outros.
Reunións Asociación
  • Todos os proxectos, os programas e as accións específicas pasan pola análise e as decisións dos que configuramos a asociación, para iso temos reunións periódicas programadas e configúranse comisións específicas.
  • Espazo para o Seguimento da Evolución, a Toma de Decisión e a Análise de Propostas.
  • Comisións Específicas ao obxecto de cooperar no desenvolvemento de actividades. 

Accións de Promoción Laboral
  • Acompañamento Individual en Procesos de Incorporación.
  • Estudo de Proxectos Específicos de Creación de Empresas.