Presentación




FSE Galicia 2014-2020 "Inviste no teu futuro"


No ano 2005, cando nun Grupo Terapéutico de Familias recibiamos o apoio dun servizo de atención psicolóxica; nos, coma os nosos fillos e outras persoas sen apoio familiar de ningún tipo, pasabamos por graves situacións de crisis psicolóxicas. Uns e outros, nos viamos “atados de pes e mans”, posto que os recursos existentes no respondían as nosas necesidades garantindo a continuidade de coidados que se precisaba nestes casos. Nunha desas sesións de Apoio Familiar emerxeu e se sinalou o que posteriormente vimos con claridade: que o único camiño para encher este valeiro asistencial era comprometerse na creación dunha nova estructura de Soporte Social que complementase os Programas Especializados que se viñan implementando. So así se lograría dar respuesta as necesidades especiais do noso colectivo, de modo que non continuasemos a atoparnos encontrándonos "en terra de ninguén".

Cadabullo é unha Asociación que se constitue en outubro de 2006 a iniciativa de familiares e profesionales, co objectivo de traballar na Promoción Social de Persoas que sofren estas dificultades de Patoloxía Dual Psíquica

Coma os Sistemas Tradicionais de Tratamento das drogodependencias, pola sua estructura de funcionamento, teñen grandes dificultades para entender e manexar este tipo de situacións clínico-sociais, faise necesario o deseño de novos Recursos Específicos e Especializados. O Equipo Técnico da nosa asociación ven desenvolvendo un longo proceso de reformulación dos Modelos de Abordaxe Tradicionais a través dunha constante formación especializada e da aplicación de innovadoras tecnoloxías psicolóxico-sociais baseadas na evidencia científica que teñen amosado a sua efectividad.  
Aquí é onde se enmarcan os obxectivos de Cadabullo:

1.- Ofrecer Apoio e Asesorameento ás Persoas con Patoloxía Dual e ás Familias
2.- Fomentar a sua mellora na Autonomía e na Integración Social
3.- Facilitar as Relacións Interpersoais Normalizadas
4.- Conseguir financiación para persoas sen recursos
5.- Defender os seus intereses, e 
6.- Cooperar con outras Institucións para a consecución de Obxectivos Comúns que permitan melloras na sua Calidade de Vida

Temos concebido a Asociación coma un Espazo de Creatividad Social no que os axentes do cambio serán tanto:

1.- as persoas que sofren dificultades psíquºicas e as saus familias, como 
2.- todo aquel que queira cooperar no seu funcionamento, 
3.- guiados sempre por profesionais que sexan o eixo dinamizador.

Esperamos que Cadabullo sexa un lugar de Desenvolvemento e de Investigación de tal xeito que as suas propostas sexan Innovadoras e de alta Calidade. Continuaremos traballando para que esta Asociación sexa un aporte mais dentro do entramado de Rehabilitación PsicoSocial que configura o Sistema Xeral de Tratamento da nosa provincia.