Nota Asociación Cadabullo

A coexistencia nuha mesma persoa de diferentes Trastornos Psicolóxicos, ao que chamamos Patoloxía Dual, "chegou a converterse nunha cuestión de gran importancia desde finais dos anos 90, tanto cando se contemplan os problemas psicopatolóxicos que plantexan as personas cun trastorno adictivo, como cando se tratan los problemas de uso e abuso de sustancias que presentan un número cada vez maior de pacientes con diagnósticos psiquiátricos".

Este é un fenómeno clínico vivido diariamente nos entornos socio-sanitarios, ainda que en ocasións non é percibido e interpretado en toda a sua dimensión por los propios profesionais.

Das mais de 12.000 persoas atendidas en Galicia por problemas de drogodependencia, cerca do 30% teñen outros diagnósticos psiquiátricos asociados e, segundo todos os expertos no tema da Patología Dual, son moitos os casos que non están todavía diagnosticados[1]. Oss estudos que se van realizando permiten tomar conciencia da elevada prevalencia de dita comorbilidade, así nos Congresos Internacionaies se fala de ata un 60-70%[2] de presencia desta problemática nos Centros de Tratamento.

Nota elaborada en 2008 para presentalo tema da Patología Dual. 

Ainda que nos Programas Libres de Drogas que acollen ó 30% dos casos que participan da Rede do Plan de Galicia sobre Drogas, é onde se logran os maiores índices de recuperación alcanzando ata o 25%, todavía son moitos os que non logran o éxito terapéutico.

Sábese que as persoas que padecen esta dificultade teñen menor probabilidade  de chegar á meta nos Programas de Rehabilitación e Reinserción Social, pois a sua realidade clínica interfire 1.- na precisión do diagnóstico y 2.- na evolución do tratamento, a vez que 3.- empeora o pronóstico xa sea do Trastorno Adictivo coma do Trastorno Psicolóxico Asociado. Ao mesmo tempo, esta converxencia de problemas pode considerarse como un dos principais factores de risco de recaída unha vez obtida a alta terapéutica. Polo tanto, de non ser tratadas adecuadamente por profesionais especializados, estas personas quedan expostas a repetidos fracasos terapéuticos, o que conduce a unha estructuración cada vez maior da sua problemática psíquica e agravamento da sua condición de exclusión social.

Pero, por outra parte, é preciso sinalar que se ten demostrado, en pacientes da mais alta complexidade, a efectividade e eficiencia dun Sistema de Tratamento Integral que brinde o apoio psicolóxico-social adaptado ás necesidades específicas de cada caso. Con este tipo de intervencións se chegou a pasar de menos dun 10% a mais dun 80% no índice de retención, sabendo que cando unha persoa permanece nun programa de rehabilitación mais de doce meses esto é considerado coma un criterio de éxito terapéutico.

O Equipo Técnico de Cadabullo ven traballando con persoas que presentan este perfil desde finais do año 2004 e, de forma continuada, atendeu  a xa preto de 200 persoas nun Programa Específico para Casos de Media-Alta Complexidade que forma parte dun Servizo de Asesoramento e Apoio Psicolóxico-Social.



[1] Infradiagnóstico.
[2] De Leon, experto en Comunidades Terapéuticas. Mallorca2004.