Presentación
FSE Galicia 2014-2020 "Inviste no teu futuro" No ano 2005, cando nun Grupo Terapéutico de Familias recibiamos o apoio dun servizo de atención psicolóxica; nos, coma os nosos fillos e outras persoas sen apoio familiar de ningún tipo, pasabamos por graves situacións de crisis psicolóxicas. Uns e outros, nos viamos “atados de pes e mans”, posto que os recursos existentes no respondían as nosas necesidades garantindo a continuidade de coidados que se precisaba nestes casos. Nunha desas sesións de Apoio Familiar emerxeu e se sinalou o que posteriormente vimos con claridade: que o único camiño para encher este valeiro asistencial era comprometerse na creación dunha nova estructura de Soporte Social que complementase os Programas Especializados que se viñan implementando. So así se lograría dar respuesta as necesidades especiais do noso colectivo, de modo que non continuasemos a atoparnos encontrándonos "en terra de ninguén". Cadabullo é unha Asociación que